Imos realizar un estudo do nivel de ruído que temos no noso centro, pero antes propoñémoste que te fagas as seguintes preguntas e que intentes respondelas coa máxima exactitude posible. Busca a resposta en diferentes páxinas webs, algunas delas aparecen aquí recomendadas.
1. Define:
Ruído:
Son:
Silencio:
Contaminación acústica:
Decibelio:
Cualidades do son:
Ten o ruído as mesmas cualidades que o son?
Qué importancia ten o silencio na música?
Qué compositor fixo unha obra musical baseada no silencio?
Busca un enlace en youtube á obra dese compositor e engade o enlace á túa presentación.
Por qué cres que fixo esta obra este compositor?
Qué significa piano preparado inventado por este compositor?
Escoita esta peza de Anderson: a máquina de escrbir. é unha peza feita con orquesta e o ruído dunha máquina de escribir.
Coñeces outras músicas feitas con ruídos? mencionaas e engade algún enlace. Quén son os seus compositores?
2. Como se mide a contaminación acústica?
3. Como funciona un sonómetro?
4. Cais son os niveis de ruído? Fai unha clasificación. (e crea unha táboa con varios estándares- en decibelios- que nos permitan entender os diferentes niveis de ruído en distintas situacións.)
5. Cántos decibelios emite un aspirador?
6. Cántos decibelios emite un avión?
7. Cal é o nivel de ruído que soporta o oído humano?
8. Cais son as fontes sonoras de ruído que producen contaminación acústica?
9. Que paises son os que producen maior contaminación sonora?
10. Que efectos produce a contaminación acústica sobre a saúde?
11. Como afecta a contaminación acústica ao ensino e ao apredizaxe?
12. Que é un mapa de ruído? Busca algúns exemplos para mostrar aos demáis.
13. Como podemos realizar un estudo do nivel de ruído do instituto?
14. Crea unha táboa para poder cubrir os datos do nivel de ruído do instituto.
15. Pensas que o instituto ten un nivel de ruído demasiado alto? Se fora así... cales pensas que poden ser as causas do exceso de ruído no centro?
16. Ademáis de contaminación acústica qué outros tipos de contaminación existen? Eses que nombrades podemos observalos no instituto ou nalgún lugar do concello?
17. Que solucións se che ocurren para prevenir o exceso de ruído no instituto? Fai unha lista de posiblidades ainda que penses que non se poden levar a cabo.
Páxinas web para consulta